RUTA DE SENDERISMO DOS MUÍÑOS

 

 

A Ruta de Senderismo de "OS MUÍÑOS" está no seu tramo final, así unha vez acondicionada polos mozos dos Campos de Traballo de Medioambiente que durante dous meses estiviron traballando para limpiala, logo  persoal do Concello de Monforte rematou de acondicionar un tramo no  que cumpría un tipo de ferramentas distinto.

Oturo paso consistiu en percorrela e situar os lugares de interés (fontes, muíños, igrexas, etc.), sinalizamola convenientemente para que, se non imposible, que sexa moi difícil perderse. A segunda parte é, para nos, a máis importante, xa que sen ela sería una ruta onde se podería andar, pero nada máis, o que fixemos (entre Ánxela Rodríguez González e Xosé Ramón Casanova) foi  preparar unha unidade didáctica, esta unidadee consta de Xogos didácticos sobre aspectos da ruta (xogo de parellas e trivial) e logo a propia unidade que consta de dúas partes diferenciadas. Unha primeira que trata sobre a forma de diferenciar as árbores que imos encontrar na ruta, esta parte, quen o desexe, poderá levarala a cabo no  Xardín Botánico de A Pinguela, onde se diferenciarán (con axuda dun folleto que terá unha pequena clave,a descrición e fotos) as distintas árbores. Na outra parte da Unidade didáctica tratamos tódolos temas que imos ir encontrando pola ruta, tales como botánica e fauna, xeoloxía, monumentos, enerxías alternativas, usos e contaminación da agua, acuíferos, etc. Deste xeito pretendemos que a ruta, sirva para que as persoas ás que lles interesadasr poidan disfrutar e aprender de forma multidisciplinar os distintos aspectos con que o medio ambiente nos sorprende á vez que nos sustenta.

 

 

 

 

A ruta ten 20 km. que se poden percorrer en 4 horas e 30 minutos, cunha dificultade baixa. O ideal sería realizar a ruta en máis tempo para poder disfrutar das fermosas paisaxes, levando as provisións alimentarias precisas.

A ruta dos Muíños ten ademáis unha particularidade, que cada 15 minutos imos encontrar cun lugar de interese. Esta comenza en:

 

 

 

                 

 

 

0.- Esta primeira parada da ruta, non é imprescindible, pero quen o desexe pode realizarla, xa que servirá para logo poder coñecer e distinguir todolos árbores e arbustos que nos vamos atopaar na Ruta. No Xardín Botánico de “A Pinguela” veremos as distintas especies que vamos encontrar o tempo que pode aprenderse a utilizar unha clave dicotómica para identificar as distintas árbores e arbustos.

 

1.- Parque dos Condes. Saímos deica chegar á estrada, do outro lado da rúa veremos o primeiro sinal que nos indica que debemos virar á esquerda e ao outro lado da ponte nova baixar ao novo paseo do río Cabe. Seguimos por este paseo deica chegar á Ponte Vella, onde temos que saír á rúa para volver  coller este paseo ao outro lado da ponte. Continuamos por esta parte de Ramberde deica chegar ao Multiusos, alí deberemos torcer á dereita para dirixirnos cara ao clube fluvial (este primeiro tramo levará 15 minutos).

 

2.- Continuamos pola beira do Clube fluvial e sairemos á estrada á altura da gasolineira do Serra (este pequeno tramo temos que facelo por estrada). Seguimos a estrada deica chegar ao cruce de Vilanova á esquerda, seguimos este camiño asfaltado e á altura dunhas casas á dereita no  río na zona dos "Pouciños"  encontramos unha fonte con agua moi boa, continuamos deica chegar á presa onde poderemos ver los restos dunha estación productora de enerxía eléctrica (deica esta presa  leva outros 15 minutos).

 

3.- Seguimos o camiño (aquí encontraremos un cruce e seguiremos o camiño da esquerda "sinalado"), aquí nunha pequena subida encontraremos outra fonte e, ao pouco tempo,  outro cruce, debendo nosoutros seguir o camiño da esquerda, así pronto chegaremos ao Campo de Golf (desde a  presa ao Campo de Golf, 15 minutos).

 

4.-      No  campo de Golf exite un cruce, mais nosoutros seguiremos á dereita (o camiño da esquerda vai á presa do Policía), ao pouco tempo, ao chegar ás casas, encontraremos outro cruce, aquí deixaremos o camiño asfaltado para coller á esquerda un camiño que nos levará á Área de Lecer de Ribasaltas

       (desde o campo de Glof á area de lecer, 15 minutos).

 

5.-     Seguiremos, o camiño pasando por debaixo da ponte da estrada nova, pasaremos por debaixo da ponte da via e continuaremos recto deica chegar á estrada vella, desviámosnos á esquerda e xusto ao terminar a ponte tomamos á dereita o

 

camiño que nos lleva a Freixo , seguiremos sempre o camiño recto deica chegar ás casas, alí, xusto á saida do camiño,  encontramos coa ponte sobre a canle que leva ao Camiño que nos conducirá a A Parte. (15 minutos).

 

6.-      Collemos o camiño que seguiremos deica chegar ás casas de A Parte, pasando por lugares con vistas expléndidas, ao longo deste camiño encontraremos dúas fontes, así como o castro de A Parte. (30 minutos).

 

7.-  Ao chegar ás casas collemos un desvío cara a dereita que nos llevará á igrexa do pobo e de alí baixaremos ao campo da festa, pasando á parte do outro lado do río (campo dos mozos no  San Mateo). Collemos cara a dereita onde empeza unha estrada asfaltada. (15 minutos)

 

8.- Seguimos esta estrada asfaltada deica encontrar unha desviación á dereita (Remoín) que tomaremos para chegar ao pouco tempo ao muíño "Do Penedo" (15 minutos).

 

9.-    Alí fixarémonos cara o río nunha maxestosa árbore, aquí tomaremos un sendeiro que nos leva deica a presa de compañía (de regulación da canle), a vexetación por estes lugares é exuberante e as aguas cristalinas. (15 minutos).

 

10.-  Desde a presa seguimos a pista da canlel (habería que seguir o camiño á beira do río mais está pecho de mato), nesta pista, ao pasar a estación de bombeo  desviámonos á dereita para coller un camiño que nos sacará outra vez á pista, chegando ás casas de Ribasaltas noutros 15 minutos.

 

11.-     Continuamos deica chegar á estrada vella que teremos que cruzar, para chegar outra vez á ponte do ferrocarril, pasando por debaixo da mesma, logo xusto ao pasar por debaixo da ponte da estrada nova deberemos torcer á esquerda, pasando por diante das casas de A Barxa, conituamos e encontraremos dous cruzamentos, nosoutros tomaremos nos dous a vía da dereita, deica chegar a un terceir cruce que volveremos a tomar á dereita (é a estrada que leva ao campo de Golf), chegamos ao cuarto cruce, neste cambiaremos e tomaremos o camiño da esquerda. (15 minutos).

12.- Seguindo este camiño chegaremos ao Morín (estrada de Lugo) (30 minutos).

13.- Agora debemos seguir a estrada deica chegar outra vez ao clube Fluvial (15 minutos).

14.- Desde aquí, aa saír á Ronda, collemos o paseo do malecón, pasando polo malecón, ponte vello, para chegar noutros 15 minutos ao Parque dos Condes.

 

 

Animamos aos monfortinos  a disfrutar da ruta dos Muíños, que seguro que se a realizan de forma axeitada (calzado, preparación, etc.) disfrutarán de paisaxes incomparables

 

 

Autores: José Ramón Casanova y Ángela Rodríguez Gonzáles